As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Refogado de polo á oriental

Refogado de polo á oriental

Información nutricional:

Kcal: 648,6
Proteínas: 40,9%
Hidratos de carbono: 14,8%
Lípidos: 44,3%

Ingredientes

  • 150 g peituga polo
  • 1/2 vaso (150 mL) caldo polo
  • 50 g arroz
  • 30 g cenoria
  • 25 g pemento vermello
  • 20 g cebola
  • 2 dentes (10g) allo
  • 5 g salsa soia
  • caiena
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar o polo en dados e deixar en adubo coa soia un par de horas. Nun "wok" ou tixola con aceite moi quente dourar o polo e reservar. Nese mesmo aceite refogar a caiena e hortalizas cortadas en tiras. Cando as hortalizas estean "al dente" engadir de novo o polo e quentar. Acompañar de arroz branco ó forno.

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou ácido fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.