Redondo de tenreira á cazola
Información nutricional:
Kcal: 506,8
Proteínas: 39,6%
Hidratos de carbono: 25,4%
Lípidos: 35,0%
Ingredientes
- 150 g redondo tenreira
- 1/2 vaso (150 mL) caldo carne
- 1/2 vaso (100mL) viño branco
- 1 (100g) pataca
- 40 g cebola
- 40 g tomate
- 40 g porro
- 40 g cenoria
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementa negra en gran
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 40 a 50 minutos
Marcar o redondo enteiro na tixola por ambas caras. Colocar nunha pota ou cazola de barro, regar co viño branco, engadir as verduras troceadas e asar no forno lentamente durante 1h a 170ºC. Retirar a carne e triturar as verduras engadindo o caldo de carne. Cortar o redondo en rebandas finas e cubrir coa salsa quente. Servir con puré de pataca.
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.