As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Raxo asado con ovo

Raxo asado con ovo

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 60 g Ovo
  • 5 g Limón
  • 100 g Lombo de tenreira
  • 10 g Manteiga
  • 1 g Sal

Instruccións

Nun recipiente botamos a manteiga e introducímolo no forno ata que colla temperatura a manteiga. Mentres, axudándonos dun fío fino, enrolamos o lombo e botámoslle o sal. Poñemos o lombo no recipiente dentro do forno e deixámolo unha hora e media. De vez en cando, dámoslle a volta ao lombo para que se faga polos dous lados e botámoslle auga quente por encima. Unha vez que apaguemos o forno, deixamos repousar. Para servir o raxo cortámolo en filetes finos acompañados dun ovo fritido.

O lombo de porco, tamén coñecido en Galicia como "raxo", é unha boa fonte de proteínas e, ao considerarse unha carne magra, o seu contido graxo non é moi elevado con ácidos graxos insaturados aos que se atribúen propiedades cardiosaudables. Destaca o seu contido en vitamina B1 que participa no metabolismo dos hidratos de carbono entre outras funcións. O ovo frito que acompaña ao lombo de porco, contén proteínas de moi elevado valor biolóxico. A clara é a que contén a maior parte de proteínas do ovo. Na xema concéntrase o maior número de graxas nas que predominan os ácidos graxos insaturados, beneficiosos para o corazón e o colesterol.