As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Raia á galega

Raia á galega

Información nutricional:

Kcal: 316,4
Proteínas: 36,2%
Hidratos de carbono: 31,6%
Lípidos: 32,2%

Ingredientes

  • 150 g raia
  • 1 (100g) pataca
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 5 g pementa doce
  • loureiro

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar e cortar a raia. Poñer a cocer en auga con loureiro as patacas cortadas en rebandas grosas. Ós 8 min. engadir o peixe e cocer de 5 a 8 minutos máis. Á parte preparar un aduboco aceite, allo e pemento. Servir a raia enriba das patacas acompañado por chícharos cocidos á parte e a salsa allada por riba.

Vantaxes:
A raia é un peixe branco e, polo tanto, cun baixo contido lipídico. O seu aporte proteico tamén é reducido, pero de alto valor biolóxico, xa que contén todos os aminoácidos esenciais. Tamén aporta vitaminas e minerais pero en cantidades pouco significativas.
Os chícharos compóñense fundamentalmente de auga, pero destacan os hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra , que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.