As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Ragut de tenreira ao viño tinto

Ragut de tenreira ao viño tinto

Información nutricional:

Kcal: 650
Proteínas: 33,3%
Hidratos de carbono: 22,7%
Lípidos: 44,0%

Ingredientes

  • 120 g tenreira guisar
  • 1 (100g) pataca
  • 1 vaso (200mL) caldo carne
  • 60 mL viño tinto
  • 50 g salsa tomate
  • 30 g cebola
  • 30 g cenoria
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g chícharos
  • 20 g porro
  • 20 g champiñóns laminados
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar a carne en anacos non moi grandes, salgar e dourar nunha tixola nun pouco de aceite moi quente. Pasar a unha pota. Nesa tixola dourar as verduras picadas en dados non moi pequenos. Engadir viño á carne e deixar reducir. Engadir as verduras e o tomate. Mollar co caldo e cocer ata que a carne estea tenra. As patacas córtanse en dados e frítense lixeiramente para engadir ao final á carne. Agregar champiñóns laminados e chícharos ao final da cocción.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.