Ragut de polo
Información nutricional:
Kcal: 478,1
Proteínas: 39%
Hidratos de carbono: 25,5%
Lípidos: 35,5%
Ingredientes
- 125 g peituga polo
- 1/2 vaso (125 mL) caldo polo
- 85 g puré pataca
- 50 mL viño branco
- 40 g salsa tomate
- 25 g cebola
- 25 g cenoria
- 20 g pemento vermello
- 20 g chícharos
- 15 g champiñóns laminados
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementón doce
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Cortar a peituga en anacos non moi grandes, salgar e dourar nunha tixola nun pouco de aceite moi quente. Pasar a unha pota. Nesa tixola dourar as verduras picadas en dados non moi pequenos. Engadir pementón doce e viño á carne e deixar reducir. Engadir as verduras e o tomate. Mollar co caldo e cocer ata que a carne estea tenra. Acompañar de puré de patacas champiñóns laminados e chícharos cocidos engadidos ao final da cocción.
Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.