As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Queixo do país con mel

Queixo do país con mel

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Mel
  • 50 g Queixo do país

Instruccións

Vértese sobre a porción de queixo unha cullerada de mel.

O queixo galego do país elabórase na zona central de Galicia como produto do leite de vaca das razas autóctonas galegas. O queixo contén unha importante cantidade de proteínas, ademais de calcio, esencial para os ósos; e vitamina A que, xunto ao calcio, intervén no crecemento e no desenvolvemento dos ósos e, ademais, axuda a reducir os niveis de colesterol. O mel que acompaña o queixo é beneficioso para persoas con problemas dixestivos debido ao seu poder alcalinizante. Ten un gran poder enerxético polo seu contido en hidratos de carbono en forma de azucres.