As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Purrusalda

Purrusalda

Información nutricional:

Kcal: 209,8
Proteínas: 28,4%
Hidratos de carbono: 27,7%
Lípidos: 44,0%

Ingredientes

  • 1 vaso (200mL) auga
  • 1/2 (50 g) pataca
  • 50 g bacallau conxelado
  • 40 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • perexil

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Refogar en aceite o porro cortado en dados, e o allo, e sen que tomen cor engadir a pataca en dados rotos. Mollar con auga e deixar cocer 10 minutos. Engadir o bacallau cortado en dados e deixar cocer outros 5 ou 8 minutos máis. Cubrir con perexil.

Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e posúe gran variedade de vitaminas e minerais.
Recoméndase o consumo de porro polo seu alto contido en sales minerais (potasio, fósforo e calcio). Ademais é aconsellable cando se padece de reuma e anemia, e é un gran axente depurativo para o sangue.