Puré de espinacas con xamón
Información nutricional:
Kcal: 232,7
Proteínas: 18,3%
Hidratos de carbono: 23,1%
Lípidos: 58,6%
Ingredientes
- 125 g espinacas
- 1 vaso (200mL) auga
- 50 g pataca
- 25 g porro
- 20 g xamón cocido
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Refogar en aceite o porro picado. Engadir a pataca e a continuación a auga. Cando comece a ferver engadir as espinacas. Cocer 15 a 20min. Pasar pola turmix e o chinés. Acompañar duns dados de xamón cocido.
Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, a penas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.
Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese máis facilmente que o presente nos vexetais. Polo tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.