As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Pudin de verduras

Pudin de verduras

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 40 g Cebola
  • 30 g Ovo
  • 40 g Leite
  • 3 g Manteiga
  • 15 g Pan relado
  • 83 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 0.20000000298023224 g Pementa branca
  • 166 g Repolo
  • 0.20000000298023224 g Sal

Instruccións

Cocemos as patacas e, á parte, o repolo cun chorriño de aceite. Facemos un rustrido coa cebola, cos allos, co perexil e coa verdura, cocida xa. Facemos un puré coa pataca cocida, a manteiga, o leite, o sal e a pementa. Mesturamos o puré co rustrido anterior e incorporamos os ovos enteiros. Botamos a mestura nunha fonte, previamente untada de aceite e esparexemos de pan relado. Levamos ao forno uns 30 min, tras os cales retiraremos, deixaremos arrefriar e sacaremos do molde.

Polo repolo que contén este prato posúe niveis considerables de fibra, hidratos de carbono, minerais, vitaminas e auga. O seu contido de calorías é escaso. Pola súa banda, o ovo enriquece o prato con proteínas dunha excelente calidade biolóxica pero tamén contribúe, xunto á manteiga, a aumentar o valor de calorías do prato. Así pois, non deben abusar do seu consumo aquelas persoas que padezan sobrepeso ou que estean a seguir dietas de control de peso. A pataca resalta polo seu elevado contido en hidratos de carbono complexos en forma de amidón que lle van dar a esta receita o seu carácter enerxético.