Potaxe de garavanzos con patacas e espinacas
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 5 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 20 g Bacallau fresco sen sal
- 30 g Cebola
- 50 g Espinaca
- 55 g Garavanzo
- 1 g Loureiro
- 20 g Pataca
- 0.5 g Sal
- 30 g Tomate
Instruccións
Nunha cazola, póñense a fritir o allo e a cebola partida. Cando empecen a dourarse, engádeselles o tomate e, cando estea fritida esta mestura, incorpóranse as espinacas cortadas, dáselles un par de voltas e bótaselles a auga, os garavanzos, o loureiro e o bacallau. Ao pouco tempo, bótanse as patacas, pero non deben deixar de cocer os garavanzos para que no se endurezan. Se hai que engadir máis auga, debe de estar fervendo. A cocción debe de ser moi lenta para que non se rompan os garavanzos. O bacallau hai que desalgalo 24 horas antes, cambiándolle catro veces a auga; ao tempo, poñemos tamén en remollo os garavanzos. O punto de sal corríxese ao final da cocción.
Os garavanzos teñen un alto contido en fibra e reducen o nivel de colesterol polo que son moi útiles para combater as enfermidades cardiovasculares. Presentan un bo contido en hidratos de carbono de lenta asimilación, o que é moi beneficioso para persoas que padecen diabete. O seu contido en magnesio fai que sexan un bo aliado para combater o estrés. Por outro lado, as espinacas teñen unha cantidade moi baixa de calorías, hidratos de carbono e graxa. As espinacas son ricas en fibra e tamén proporcionan unha gran cantidade de ácido fólico e de vitamina C. As patacas proporcionan unha boa cantidade de hidratos de carbono e vitamina C.