Potaxe de garavanzos con fideos
Información nutricional:
Kcal: 505,8
Proteínas: 10,3%
Hidratos de carbono: 28,6%
Lípidos: 61,1%
Ingredientes
- 40 g garavanzos
- 40 g touciño porco desalgado
- 30 g fideo groso perla
- 20 g pataca
- 20 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- loureiro
- pementón doce
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 40 a 50 minutos
Poñer auga a ferver e introducir os garavanzos (previamente remollados 12h.). Engadirlle a carne cortada en dados e desalgada. Cando os garavanzos e a carne comecen a estar cocidos, engadir as patacas rotas e os fideos. Deixar cocer 10 minutos máis. Mentres se prepara un rustrido en aceite con allo e cebola picados, pementón doce e engádeselle ao potaxe case ao final. Comprobar de sal.
Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior que no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.