Potaxe de fabas brancas
Información nutricional:
Kcal: 330,4
Proteínas: 32,2%
Hidratos de carbono: 39,7%
Lípidos: 28,1%
Ingredientes
- 60 g fabas brancas
- 40 g bacallau
- 25 g codiño xamón
- 20 g espinacas
- 20 g cenoria
- 20 g cebola
- 20 g pataca
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementón doce
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: Menos de 5 minutos
Ferver as fabas (previamente remolladas 12h). Engadir a cenoria picada e o xamón. Cando as fabas comecen a estar cocidas, engadir o bacallau e as patacas cortadas en dados e as espinacas. Deixar cocer 10 minutos máis. Mentres, preparar un sofrito en aceite con allo e cebola picados, pemento doce e engadir ó potaxe case ó final.
Vantaxes:
As fabas son alimentos ricos en fibra, folatos, potasio e ferro, pero os seus compoñentes principais son os hidratos de carbono. Aportan unha cantidade importante de proteína vexetal, de peor calidade cá de orixe animal, xa que non presentan todos os aminoácidos esenciais. Axudan a prever o estrinximento, diminuír o colesterol en sangue e manter os niveis de glucosa en sangue grazas ó seu elevado contido en fibra soluble.