As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Polo en pepitoria

Polo en pepitoria

Información nutricional:

Kcal: 717,4
Proteínas: 35,4%
Hidratos de carbono: 25,4%
Lípidos: 39,2%

Ingredientes

  • 150 g zanco de polo
  • 1 (100g) pataca
  • 20 g chícharos
  • 50 mL viño branco
  • 100 mL caldo de polo
  • 15 g pan
  • 15 g cebola
  • 15 g ovo
  • 10 g fariña
  • 5 g améndoas
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • loureiro
  • perexil
  • colorante alimentario
  • sal ao gusto
  • pementa

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Salpementar o polo, pasar por fariña e fritir en aceite. Nunha pota refogar a cebola picada no aceite, engadir o polo frito e mollar co viño. Deixar reducir un minuto e cubrir co caldo. Cando o polo estea tenro retirar o polo da salsa. Engadir á salsa as améndoas torradas, o pan frito e a xema de ovo cocida. Triturar a salsa, engadir o colorante e a sal. Volver introducir o polo na salsa. Dourar as patacas na fritidora (ou tixola) cortadas en dados. Acompañar o polo dos chícharos cocidos e as patacas. Cubrir con perexil picado.

Vantaxes:
Os principais compoñentes deste prato son a carne de polo e a pataca. A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B e tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo. O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. E cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minera e vitaminas do grupo B e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite, ademais é aconsellable o seu consumo debido á súa acción diurética e depuradora.