As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Polo con fabas

Polo con fabas

Información nutricional:

Kcal: 495,1
Proteínas: 30,2%
Hidratos de carbono: 29%
Lípidos: 40,9%

Ingredientes

  • 120 g peituga polo
  • 80 g tomate
  • 50 g fabas
  • 40 g cebola
  • 20 g pemento vermello
  • 15 g xamón serrano
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • loureiro
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Más de 1 hora minutos

Poñer as fabas a remollo a noite anterior. Pelar e picar finamente a cebola e o allo; cortar o tomate, o pemento e o xamón en dados. Poñer as fabas e a folla de loureiro nunha cazola, cubrir con auga e cocer durante 40 min, asustando con auga fría para evitar que se rompan. Mentres, salpementar as peitugas e dourar nunha tixola cun pouco de aceite de oliva e reservar. Nese mesmo aceite, rustrir a cebola e o allo durante 5 min, incorporar o xamón e fritir lixeiramente. Agregar o rustrido á cazola das fabas, engadir o tomate, o pemento e deixar cocer 10 min. Para rematar, engadir polo e continuar coa cocción 10 min máis.

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.