As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Polo ás herbas provenzais

Polo ás herbas provenzais

Información nutricional:

Kcal: 458,1
Proteínas: 39,3%
Hidratos de carbono: 21,3%
Lípidos: 39,4%

Ingredientes

  • 150 g xamonciños polo
  • 50 g arroz
  • 100 mL caldo polo
  • 30 g cebola
  • 10 g fariña
  • (tomiño, albahaca, romero,...) herbas provenzais
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Facer unha salsa pochando a cebola en aceite, ligar con fariña, engadir o caldo de polo e terminar coas herbas. Salpementar os xamonciños, cubrir coa salsa e introducir ao forno a 170ºC durante 15 minutos aproximadamente. Acompañar de arroz en branco.

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.