As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Polo

Polo "á cazadora"

Información nutricional:

Kcal: 336,2
Proteínas: 33,7%
Hidratos de carbono: 22,3%
Lípidos: 44,0%

Ingredientes

  • 125 g xamonciño de polo
  • 110 g champiñóns
  • 50 g chícharos
  • 1/3 (40 g) cebola
  • 1/3 (50 g) tomate enlatado
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100 mL) viño branco
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • perexil
  • loureiro

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Salpementar e dourar os xamonciños na prancha ou tixola para que se douren. Preparar a salsa á parte refogando en aceite, o loureiro, a cebola picada e o tomate, viño branco e champiñones. Engadirlle os chícharos cocidos e caldo de carne. Introducir o polo no forno a 180ºC, coa salsa ata que esté tenro. Sazonar con perexil. Servir acompañado dunha pataca.

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.