Polbo estilo illa
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 9 g Aceite de oliva
- 140 g Pataca
- 1 g Pemento doce
- 250 g Polbo
- 0.5 g Sal
Instruccións
Botamos nunha cazola auga e, cando rompa a ferver, metemos o polbo. Engadímoslle as patacas toradas tras media hora de cocción. Cortamos o polbo cunhas tesoiras, salgámolo e presentámolo coas patacas cocidas e coa allada.
Como o seu propio nome indica, este xeito de preparar o polbo é típico das illas de Ons e de Arousa. Este prato consumíase con frecuencia polas persoas mariñeiras e a diferenza co famoso "polbo á feira" é que as patacas se cocen xunto co polbo. O polbo contén iodo que axuda a regular o funcionamento da hormona tiroidea e calcio, que axuda os ósos a ter rixidez e fortaleza e a regular o nivel de colesterol en sangue. O seu contido en colesterol é baixo. As patacas pola súa parte proporcionan enerxía polo seu contido en hidratos de carbono e vitamina C que a posúen en cantidade comparable coa que conteñen moitas froitas e hortalizas.