As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Polbo en caldeirada

Polbo en caldeirada

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 100 g Pataca
  • 1 g Pemento doce
  • 50 g Pemento vermello
  • 180 g Polbo
  • 1 g Sal

Instruccións

Procedemos a ferver a auga con sal e cunha cebola, unha vez chegue a ebulición, metemos o polbo tres veces seguidas e retirámolo, enseguida, co fin de conseguir que se enrosquen as patas e finalmente deixámolo cocer. Unha vez que estea cocido colocámolo noutro recipiente e no que se coceu o polbo introducimos as patacas para a súa cocción. Mentres, fritimos o polbo picado en anacos nunha tixola con aceite quente, unha vez que estea fritido o polbo engadimos, na mesma tixola, un allo, unha cebola e pemento vermello ata que estean dourados, momento no que engadimos un chisco de pemento. Finalmente, presentamos o polbo xunto coas patacas.

É un prato típico da Costa da Morte. O polbo é rico en sales minerais, vitamina B e presenta unha cantidade mínima de graxa. É unha boa fonte de calcio que prové rixidez e fortaleza aos ósos e prevén enfermidades cardiovasculares entre outras funcións. Cabe destacar que contén un aminoácido denominado taurina, moi importante xa que regula a presión sanguínea, reduce o colesterol e as graxas naturais do sangue, axuda á diminución de coágulos e prevén enfermidades cardiovasculares.