As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Polbo á mugardesa

Polbo á mugardesa

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 100 g Pataca
  • 2 g Pemento picante
  • 50 g Pemento vermello
  • 180 g Polbo
  • 1 g Sal
  • 40 g Viño branco

Instruccións

Procedemos á cocción do polbo en auga durante 35 ou 40 min, posteriormente cortámolo en anacos pequenos. Facemos un rustrido con cebola, perexil, allo, pemento vermello e aceite e, cando o rustrido estea a medio facer, engadímoslle un chorriño de viño ou coñac, pemento e un chorro de auga.

Como o seu propio nome indica, este prato é típico da zona de Mugardos na provincia de Coruña. O polbo é capturado nas augas da ría de Ferrol. Acompáñase de patacas cocidas coa pel que contén a maioría de fibra e nutrientes da pataca, en especial a vitamina C. Diferénciase do tradicional “polbo á feira" en que leva cebola e pemento vermello. O pemento vermello ten un gran poder antioxidante, ten efecto analxésico en artrite e reuma e axuda na formación de glóbulos vermellos e brancos. Por outra banda, a cebola é diurética, ten efecto bactericida, evita a formación de coágulos no sangue e é dixestiva.