As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Polbo á feira

Polbo á feira

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 2 g Pemento doce
  • 150 g Polbo
  • 1 g Sal

Instruccións

Unha das técnicas máis populares de como facer o polbo de xeito que o resultado sexa óptimo é meter e sacar tres veces seguidas a peza en auga fervendo, antes de deixalo, definitivamente, a cocer. Unha vez feito isto, córtase a peza coa axuda dunhas tesoiras (normalmente) e alíñase con pemento, aceite e sal gordo.

O "polbo á feira" é un prato de orixe moderna. O polbo chegaba a Lugo, a Ourense, a Monterroso ou ao Carballiño, procedente de Mugardos na ría de Ferrol, de Bueu na de Pontevedra, de Muros e das illas e ribeiras da ría de Arousa. Hai uns 125 anos, os arrieiros maragatos que acudían ás feiras de gando compraban grandes cantidades de polbo e, nos pobos, preparábano con aceite de oliva e pemento.