Polbo á brasa
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 10 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 150 g Polbo
- 4 g Sal
Instruccións
Cortar o polbo en dúas metades lonxitudinais (catro metades se é moi grande), condimentar con sal gordo e botámolo enriba das brasas xa preparadas. Bótaselle, unha vez listo, o aceite cos allos previamente dourados.
Esta sinxela forma de preparar o polbo fíxose moi habitual nos últimos anos en numerosos restaurantes. En Portugal esta receita coñécese como "polbo a mestre lagareiro", ou sexa, polbo ao estilo do bodegueiro xa que era un prato típico en época de vendima cando as cuadrillas se recollían e a cea tiña que ser potente con proteínas para poder traballar ao día seguinte.