As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Pescada ás finas herbas

Pescada ás finas herbas

Información nutricional:

Kcal: 434,6
Proteínas: 36,6%
Hidratos de carbono: 33,3%
Lípidos: 30,1%

Ingredientes

  • 150 g pescada
  • 1 (100g) pataca
  • 50 mL caldo peixe
  • 50 mL viño branco
  • 40 g cebola
  • 40 g salsa tomate
  • 25 g porro
  • 6 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • perexil
  • ourego
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar o peixe e cortar en rebandas. Facer a salsa: refogar o allo, a cebola e o porro, mollar con viño, engadir a fariña sen que se torre, mollar co caldo de peixe quente, terminar con salsa de tomate. Introducir o peixe na salsa, cociñar, cubrir coas herbas aromáticas picadas. Acompañar de pataca cocida.

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.