As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Pescada ao forno con grelos

Pescada ao forno con grelos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 20 g Cabaciña
  • 20 g Caldo de peixe
  • 20 g Cebola
  • 60 g Grelo
  • 160 g Pescada
  • 20 g Pan relado
  • 90 g Pataca
  • 20 g Pemento vermello
  • 20 g Pemento verde

Instruccións

Douramos lixeiramente as patacas cortadas en láminas finas. Picamos as verduras e dourámolas nunha tixola con sal, viño branco e allo. Metemos no forno as patacas, e colocadas enriba destas as verduras. Deixamos 15 min a 175 ºC. Cando pase este tempo, sacamos a bandexa do forno e colocamos a pescada enriba das patacas, botámoslle un chorro de aceite de oliva e o caldo de peixe e deixamos enfornar outros 10 min.

A pescada é un peixe moi apreciado que presenta un baixo contido en calorías e en graxa, polo que se atopa dentro do grupo de peixes brancos. Destaca o seu contido en ácidos graxos poliinsaturados omega 3 que teñen propiedades cardiosaudables e reducen os niveis de colesterol. Entre as vitaminas presentes neste peixe destacan as do grupo B que proporciona un mellor aproveitamento dos nutrientes enerxéticos. En canto aos grelos, estes teñen calcio e vitamina C, ademais de ter propiedades antioxidantes. Tamén conteñen fibra e, polo tanto, melloran o tránsito intestinal. Conteñen poucas calorías.