Pescada á prancha con pisto
Información nutricional:
Kcal: 314,0
Proteínas: 37,3%
Hidratos de carbono: 24,6%
Lípidos: 38,1%
Ingredientes
- 150 g lombo pescada
- 50 g pataca
- 25 g cebola
- 25 g salsa tomate
- 25 g berenxena
- 25 g cabaciño
- 20 g pemento verde
- 20 g pemento vermello
- 10 g piñóns
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 40 a 50 minutos
Limpar o peixe e filetealo. Preparar un pisto con todas as verduras cortadas en dados. Refogar por orde de dureza no aceite de oliva, primeiro a cebola e pementos, logo o cabaciño e berenxena, finalmente engadir a salsa de tomate. Poñer a punto de sal e cubrir cos piñóns torrdados. Mentres, facer a pescada á prancha. Decorar con perexil.
Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.