Pescada á galega
Información nutricional:
Kcal: 463,4
Proteínas: 26,5%
Hidratos de carbono: 33,1%
Lípidos: 40,4%
Ingredientes
- 150 g pescada
- 1 (150g) pataca
- 40 g chícharos
- 20 g cebola
- 2 dentes (10g) allo
- 2 culleradas (20mL) aceite oliva
- sal ao gusto
- pementón doce
- loureiro
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Limpar e cortar a pescada en rebandas. Poñer a cocer en auga con laurel as patacas cortadas en rebandas grosas. Ós 8 min. engadir o peixe e cocer de 5 a 8 minutos máis. Á parte preparar unha salsa co aceite, allo e pemento picante. Servir a pescada enriba das patacas acompañado por chícharos cocidos á parte e a salsa de allo por riba.
Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.