As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Perdices á cazadora con patacas

Perdices á cazadora con patacas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 10 g Brandy
  • 20 g Champiñón
  • 0.5 g Loureiro
  • 10 g Touciño entrefebrado
  • 120 g Pataca
  • 150 g Perdiz
  • 0.5 g Perexil
  • 0.5 g Pementa negra
  • 10 g Touciño
  • 0.5 g Tomiño
  • 10 g Viño branco
  • 30 g Cenoria

Instruccións

Douramos o touciño nunha tixola onde, despois duns minutos, botaremos as perdices xunto co allo, coa cebola, co touciño entrefebrado, cos champiñóns e coa cenoria. Condimentamos con perexil, loureiro, tomiño, sal e pementa. Bañamos con brandy e viño branco, isto dálle ao prato un sabor característico. Unha vez que temos todos os ingredientes incorporados á mestura, cociñamos lentamente. As patacas podemos precocelas á parte e engadilas na metade de proceso de cocción para que adquiran mellor sabor.

A perdiz é unha ave de caza apreciada pola súa carne. Considerase máis saborosa se a ave é adulta. De feito, coa idade a súa carne adquire un sabor máis intenso e unha cor vermella escura. A súa cantidade nutritiva é moi importante. A súa cantidade de calorías é similar ao do polo posto que proporciona ao organismo unhas 100 cal por cada 100 g. A perdiz contén unha elevada cantidade de vitaminas, entre as que destacan as pertencentes ao grupo B e tamén de sales minerais como o calcio, o ferro e o potasio. Este prato á cazadora xa era común no século XX.