As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Percebes en paxe con cachelos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 1 g Loureiro
  • 100 g Pataca
  • 51.75 g Percebe
  • 1 g Sal

Instruccións

Introducimos nunha cazola, que conteña auga fría con sal, as patacas cortadas en toros con pel e o loureiro. Engadimos os percebes cando rompa a ferver a auga e unha vez que volva ferver déixanse cocer 5 min. Presentamos nun cesto de vimbio tras engadirlles un pouco de aceite.

Este prato preparábase cando os percebes non tiñan o valor económico nin gastronómico que teñen hoxe en día. Os percebes destinábanse ao consumo familiar das propias persoas mariscadoras que os collían. Consumíanos nunha fonte, de forma comunal. Cocíanse xunto coas patacas que eran a súa principal gornición.