As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Perca en salsa de allos tenros

Perca en salsa de allos tenros

Información nutricional:

Kcal: 441,5
Proteínas: 38,5%
Hidratos de carbono: 32,7%
Lípidos: 28,8%

Ingredientes

  • 150 g perca
  • 1 (100g) pataca
  • 125 mL caldo peixe
  • 25 g allos tenros
  • 20 g cebola
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Poñer a cocer en auga con loureiro e cebola as patacas cortadas en rebandas grosas. Refogar os allos tenros e a cebola picados no aceite, engadir a fariña removendo sen parar. Mollar co caldo de peixe e deixar cocer desfacendo posibles grumos. Poñer un toque de perexil picado. Marcar o peixe na prancha e colocar sobre as patacas. Cubrir coa salsa.

Vantaxes:
A perca é un peixe branco, cun baixo contido lipídico; non presenta unha porcentaxe elevada de proteínas, pero as que contén son dun alto valor biolóxico. Ademais, contén vitaminas do grupo B e A, e minerais como potasio, fósforo, magnesio e ferro.