As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Perca con tallaríns

Perca con tallaríns

Información nutricional:

Kcal: 308
Proteínas: 3,3%
Hidratos de carbono: 30,4%
Lípidos: 38,3%

Ingredientes

  • 160 g perca
  • 70 g tallaríns
  • 30 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Ferver a pasta o tempo que nos indique o fabricante, refrescar, escorrer. Limpar a perca, filetear e facer á prancha. Refogar o allo e a cebola no aceite, engadir os tallaríns, salpementar e servir.

Vantaxes:
A perca é un peixe branco, cun baixo contido lipídico; non presenta unha porcentaxe elevada de proteínas, pero as que contén son dun alto valor biolóxico. Ademais, contén vitaminas do grupo B e A, e minerais como potasio, fósforo, magnesio e ferro.