Perca ao forno
Información nutricional:
Kcal: 253,8
Proteínas: 51,7%
Hidratos de carbono: 23,1%
Lípidos: 25,2%
Ingredientes
- 150 g perca
- 50 g pataca
- 50 mL viño branco
- 30 g cebola
- 10 g pemento vermello
- 10 g pemento verde
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Limpar o peixe e filetealo. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras picadas e o viño e introducir no forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas, rociar co aceite de oliva deixar e 10 minutos máis. Retirar do forno. Decorar con perexil.
Vantaxes:
A perca é un peixe branco, cun baixo contido lipídico; non presenta unha porcentaxe elevada de proteínas, pero as que contén son dun alto valor biolóxico. Ademais, contén vitaminas do grupo B e A, e minerais como potasio, fósforo, magnesio e ferro.