Peras ao caramelo
Información nutricional:
Kcal: 287,7
Proteínas: 2,0%
Hidratos de carbono: 89,3%
Lípidos: 8,7%
Ingredientes
- 80 g pera en almíbar
- 5 g améndoas
- 15 g caramelo líquido
Instruccións
Tempo preparación: De 15 a 20 minutos
Preparar un caramelo louro con auga e azucre. Cando comece coller cor dourada engadir auga quente (precaución porque se producen salpicaduras) e volver cocer uns minutos. Presentar as peras no prato coa salsa de caramelo e améndoa fileteada torrada encima.
Vantaxes:
As peras son ricas en azucre e en vitamina C. Contén pequenas cantidades de vitamina A e E. Tamén presenta importantes cantidades de pectina (fibra natural). Polo seu contido en ferro, recoméndase en casos de anemia e problemas cardiovasculares.