As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Pementos reenchidos de porro con salsa de queixo

Pementos reenchidos de porro con salsa de queixo

Información nutricional:

Kcal: 365,9
Proteínas: 22,1%
Hidratos de carbono: 23,2%
Lípidos: 54,7%

Ingredientes

  • 125 g pementos piquillo
  • 60 g queixo Arzúa
  • 40 g porro
  • 40 g cebola
  • 35 mL auga
  • 10 mL caldo verduras
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Para elaborar o reenchido: picar o porro e refogar no aceite, engadir as patacas cortadas en dados e mollar co caldo. Coa axuda dunha culler reencher os pementos. Para elaborar a salsa: refogar a cebola picada, engadir a fariña sen que se queime, cubrir con auga e rematar co queixo ata fundir.

Vantaxes:
Os hidratos de carbono son o compoñente maioritario dos pementos. Tamén teñen un elevado contido en auga e o seu contido en lípidos é moi escaso, isto fai que o seu valor calórico sexa baixo. É un dos alimentos máis ricos en vitamina C, incluso proporciona o dobre desta vitamina que a laranxa. Pero tamén é rico en carotenos, como o beta-caroteno ou provitamina A. Ademais, como as verduras en xeral, os pementos son ricos en fibra. E en canto ós minerais, contén, principalmente, fósforo, potasio, magnesio e calcio.