As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Peixe sapo ao queixo do Cebreiro

Peixe sapo ao queixo do Cebreiro

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 14 g Ameixa
  • 14 g Gamba
  • 5 g Fariña
  • 50 g Nata
  • 60 g Queixo cebreiro
  • 160 g Peixe sapo
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Unha vez que cortamos o peixe sapo en rebandas, salgámolo e rebozámolo en fariña. As rebandas rebozadas frítense en aceite nunha tixola. Unha vez fritidas colocámolas nunha fonte de barro xunto coas ameixas e coas gambas. Cortamos o queixo en anacos e deixámolo a lume lento coa nata, ata que o queixo se derreta; despois, engadimos o queixo e a nata á fonte xunto co peixe sapo, as ameixas e as gambas. Metemos a fonte no forno ata que o peixe sapo estea ben feito. Podemos presentalo na mesma fonte.

Da provincia de Lugo proveñen os dous ingredientes principais para elaborar esta receita. Da costa o peixe sapo e da montaña o queixo do Cebreiro que conta con denominación de orixe protexida. O peixe sapo é un peixe moi apreciado en gastronomía e considérase un peixe branco que contén proteínas de alto valor biolóxico, ademais de ter diferentes vitaminas de grupo B e minerais como potasio, fósforo, magnesio e ferro. A súa carne non presenta espiñas e, polo seu baixo contido en graxas, é de doada dixestión. O queixo do Cebreiro contribúe a aumentar a graxa deste prato. Tamén destaca o seu elevado contido en proteínas. Contén unha elevada cantidade de calcio que prové rixidez e fortaleza aos ósos e contribúe a reducir o colesterol. O queixo tamén posúe vitamina A que é fundamental para a visión e como antioxidante.