As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Peixe espada con salsa de chícharos

Peixe espada con salsa de chícharos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 125 g Chícharo
  • 6 g Fariña
  • 100 g Leite desnatado
  • 80 g Pataca
  • 150 g Peixe espada
  • 1 g Sal

Instruccións

Elaborar unha salsa bechamel, que será a base da salsa de chícharos, pasar os chícharos xa cocidos e escorridos polo batedor e engadir á bechamel. Untar con aceite de oliva as talladas de peixe espada e cociñar á prancha, volta e volta. Poñer a punto de sal o peixe espada e acompañar coa salsa de chícharos.

Este peixe adóitase presentar en filetes ou toros, en lugar de enteiro, debido ao seu tamaño. Carece de espiñas e por iso está indicado para a poboación infantil e anciá. É un peixe azul pero con menos graxa que outros peixes azuis. Ten un contido elevado en fósforo e magnesio e é o peixe máis rico nestes minerais. O fósforo intervén na formación e no mantemento dos ósos e no desenvolvemento dos dentes. Pola súa parte, o magnesio axuda na absorción do calcio e, ademais, é un relaxante muscular.