As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Peixe espada á bilbaína

Peixe espada á bilbaína

Información nutricional:

Kcal: 399,1
Proteínas: 27,7%
Hidratos de carbono: 24,6%
Lípidos: 47,8%

Ingredientes

  • 150 g peixe espada
  • 2 dentes (10g) allo
  • 2 culleradas (20mL) aceite oliva
  • 1 (100g) pataca
  • vinagre
  • perexil
  • caiena
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar o peixe espada e marcalo na prancha volta e volta. Separadamente, nunha tixola dourar o allo fileteado coa caiena. Cando estea dourado retirar do lume e engadir o vinagre. Verter sobre o peixe, cubrir de perexil e meter ó forno 10min. Acompañar de pataca redonda ó vapor.

Vantaxes:
O peixe espada é un peixe semigraxo. O seu contido en proteínas non é moi elevado, pero son dun alto valor biolóxico, xa que inclúen todos os aminoácidos esenciais. Ademais contén diferentes vitaminas e minerais, entre os que destacan as vitaminas do grupo B e A, e a presenza de fósforo e magnesio, posto que este peixe é o máis rico nestes minerais.