As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Peituga de polo adubado

Peituga de polo adubado

Información nutricional:

Kcal: 436
Proteínas: 38,1%
Hidratos de carbono: 26,1%
Lípidos: 35,8%

Ingredientes

  • 150 g peituga polo
  • 1/2 vaso (100mL) viño branco
  • 50 g cenoria
  • 50 g arroz
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 15 g cebola
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • pementa branca
  • comiño moído
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Salpementar a peituga e poñer en adobo co allo picado aceite e pementón doce así como un toque de cominos. Introducir no forno cunhas cenorias e cebola en rebandas regando co viño branco durante a cocción. Asar como 30minutos ata que estea tenra a 175ºC. Acompañar duns chícharos cocidos e arroz ao forno.

Vantaxes:
A carne de polo é unha boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.