As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Peituga de pavo con tomate

Peituga de pavo con tomate

Información nutricional:

Kcal: 371,2
Proteínas: 38,6%
Hidratos de carbono: 37,6%
Lípidos: 23,8%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 120 g pataca
  • 100 g tomate
  • 40 g cebola
  • 5 g azucre
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Sazonar os filetes de pavo con sal e un chisco de pementa. Facer á prancha e reservar. Pochar nunha tixola con aceite de oliva a cebola. A continuación, engadir un tomate troceado en dados, engadir un chisco de azucre e deixar cocer ata que espese. Precalentar o forno a 180ºC e introducir a peituga cuberta coa salsa de tomate ata terminar cocción. Acompañar de pataca frita en dados.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. Ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.