As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Peituga de pavo con mostaza

Peituga de pavo con mostaza

Información nutricional:

Kcal: 424
Proteínas: 42,7%
Hidratos de carbono: 23,9%
Lípidos: 33,4%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 50 g arroz
  • 100 mL caldo polo
  • 70 g cebola
  • 10 g mostaza
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar a peituga de pavo en filetes finos e salpementalos. Facer á prancha. Preparar unha salsa refogando allo e cebola en aceite, ligar con fariña, engadir o caldo de polo e terminar coa mostaza. Triturar e cubrir o filete coa salsa. Acompañar como gornición arroz en branco.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. Ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.