As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Peituga de pavo con champiñóns

Peituga de pavo con champiñóns

Información nutricional:

Kcal: 456,9
Proteínas: 40,6%
Hidratos de carbono: 22,7%
Lípidos: 36,8%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 1/2 vaso (100 mL) caldo polo
  • 75 g champiñóns laminados
  • 50 g cebola
  • 50 g arroz
  • 15 mL nata
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar en anacos de 50gr, salpementar a peituga e dourar na tixola volta e volta. Separadamente, facer unha salsa velouté: en aceite quente refogar a cebola picada e logo poñer a fariña, logo de cocer un minuto engadir o caldo quente. Poñer a punto de sal e pementa e engadir os champiñóns laminados. Introducir o polo na salsa e dar un fervor de 5 minutos poñendo un pouco de nata case ao final. Acompañar de arroz ao forno.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.
O champiñón non presenta un gran contido en minerais, pero si unha gran variedade dos mesmos. Contén, ademais, pequenas é baixo, sendo moi adecuado en dietas depurativas ou para perder peso. Aporta un contido en graxas moi baixo sendo estas moi saudables (ácido linoleico). E o seu contido en selenio confírelle un efecto antioxidante.