As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Pavo con champiñóns á pementa verde

Pavo con champiñóns á pementa verde

Información nutricional:

Kcal: 419,7
Proteínas: 42,7%
Hidratos de carbono: 21,0%
Lípidos: 36,2%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 1/2 vaso (125 mL) caldo carne
  • 50 g arroz
  • 25 g champiñóns laminados
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa
  • pementa verde en gran
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar o pavo en dados e despois salpementar. Nunha tixola moi quente con aceite douralo ben. Retirar e reservar. Nese mesmo aceite, refogar o allo e os champiñóns. Engadir un pouco de fariña e logo o caldo quente. Deixar ferver e introducir o pavo na salsa. Poñemos a pementa e deixamos cocer todo xunto uns minutos. Acompañar de arroz branco ao forno.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.