As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Patacas asadas con salsa de pementos de piquillo

Patacas asadas con salsa de pementos de piquillo

Información nutricional:

Kcal: 366,1
Proteínas: 8,2%
Hidratos de carbono: 59,9%
Lípidos: 31,9%

Ingredientes

  • 1 grande (150g) pataca
  • 125 g cebola
  • 100 mL caldo verduras
  • 65 g pemento piquillo
  • 50 g salsa tomate
  • 10 g fariña
  • 2 g allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Asar as patacas con pel, envoltas en papel de aluminio e dentro do forno a 180ºC durante 40 minutos. Sacar do papel e trocear as patacas en cuartos. Acompañar as patacas coa salsa de pemento do piquillo. Para elaborar a salsa: refogar nunha tixola con aceite quente a cebola co allo cortado en láminas, agregar a fariña e ligar; mollar co caldo, terminar cos pementos de piquillo troceados e a salsa de tomate. Deixar que o conxunto se cociñe a lume suave durante 10 minutos. Finalmente, triturar coa batidora ata conseguir unha crema fina e homoxénea. Poñer a puno de sal e servir coas patacas asadas.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.