As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Pasta salteada con verduras

Pasta salteada con verduras

Información nutricional:

Kcal: 181,2
Proteínas: 17,5%
Hidratos de carbono: 68,4%
Lípidos: 14,1%

Ingredientes

  • 80 g pasta
  • 30 g pemento verde
  • 30 g pemento vermello
  • 30 g cenoria
  • 40 g cabaciño
  • 80 g cogomelos
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga son sal. Á parte, nunha sartén con aceite saltear as verduras, empezando pola cenoria e os pementos, uns minutos despois engadir o cabaciño; e por último as setas. Poñer a punto de sal e servir todo xunto.

Vantaxes:
Neste prato combínase o valor calórico e nutricional da pasta cos beneficios das verduras (cenoria, pemento, cabaciño). Destacan as propiedades antioxidantes, o aporte vitamínico, fundamentalmente, vitaminas do grupo B, A e C; e minerais como potasio, magnesio e fósforo.