As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Pasta napolitana

Pasta napolitana

Información nutricional:

Kcal: 467,5
Proteínas: 17,1%
Hidratos de carbono: 34%
Lípidos: 48,8%

Ingredientes

  • 80 g pasta
  • 100 g salsa tomate
  • 20 g queixo parmesano
  • 1/3 (40 g) cebola
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • 40 g xamón cocido
  • 1 dente (5g) allo
  • sal ao gusto
  • pementa branca

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal. Á parte rustrir o allo e a cebola en aceite. Engadir a salsa de tomate e o xamón cortado en dados. Engadir a pasta. Dar o punto de sal e pementa. Cubrir con queixo relado.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
Este prato tamén presenta un gran contido en tomate. O principal beneficio deste comestible radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes do envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio, fibra, e vitaminas do grupo B e vitamina C.

Inconvenientes:
O único inconveniente é que a pasta é deficitaria en fibra, en vitaminas do grupo B, e en minerais.