Pasta de arroz con pavo
Información nutricional:
Kcal: 265,6
Proteínas: 21,3%
Hidratos de carbono: 47,9%
Lípidos: 30,3%
Ingredientes
- 80 g pasta arroz (macarrón)
- 50 g champiñóns laminados
- 30 g salsa tomate
- 50 g pavo fiambre
- 25 g pemento vermello
- 20 g cebola
- 10 g queixo relado
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- pementa branca
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Cocer a pasta en auga abundante con sal o tempo que nos indique o fabricante. Refrescar e escorrer. Separadamente no aceite quente rustir o allo, a cebola en dados, o pemento vermello en dados e o champiñón laminado e o pavo en dados. Engadir a salsa de tomate e deixar cocer uns minutos. Mesturar coa pasta e deixar quentar todo. Servir quente cubrindo co queixo.
Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.