As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Pasta con peixe espada e tomate

Pasta con peixe espada e tomate

Información nutricional:

Kcal: 292,2
Proteínas: 22,6%
Hidratos de carbono: 33,8%
Lípidos: 43,6%

Ingredientes

  • 70 g pasta (macarrón)
  • 80 g salsa tomate
  • 50 g peixe espada
  • 10 g queixo relado
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • albahaca
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal durante o tempo que nos indique o fabricante. Separadamente, en aceite de oliva refogar o allo e engadir o peixe en dados, refogando un minuto. Engadir a salsa de tomate e unha folla de albahaca. Engadir a pasta escorrida e refrescada. Dar o punto de sal e pementa e quentar. Cubrir de queixo relado.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
O peixe espada é un peixe semigraxo. O seu contido en proteínas non é moi elevado, pero son dun alto valor biolóxico, xa que inclúen todos os aminoácidos esenciais. Ademais contén diferentes vitaminas e minerais, entre os que destacan as vitaminas do grupo B e A, e a presenza de fósforo e magnesio, posto que este peixe é o máis rico nestes minerais.