Pasta con chourizo
Información nutricional:
Kcal: 378,6
Proteínas: 14,3%
Hidratos de carbono:26,6%
Lípidos: 59,2%
Ingredientes
- 75 g pasta
- 30 g chourizo caseiro
- 75 g salsa tomate
- 10 g queixo relado
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Cocer a pasta en auga fervendo con sal o tempo que indique o fabricante removendo sobre todo ó principio para que non se agarre. Escorrer e refrescar. Nunha pota á parte, quentar o aceite e engadir o chourizo cortado en medias rebandas. Refogar lixeiramente e engadir a pasta. Agregar a salsa de tomate e mesturar. Cubrir co queixo e perexil picado.
Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas.
Este prato tamén presenta un gran contido en tomate. O principal beneficio deste comestible radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes do envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio, fibra, e vitaminas do grupo B e vitamina C.
Inconvenientes:
Aínda que presenta proteínas de gran valor biolóxico, debemos moderar o consumo de chourizo debido ó seu alto contido enerxético e graxo.