As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Pasta con bacallau ao

Pasta con bacallau ao "alloarriero" e espinacas

Información nutricional:

Kcal: 331,6
Proteínas: 31,7%
Hidratos de carbono: 29,5%
Lípidos: 38,8%

Ingredientes

  • 60 g pasta tiburón
  • 75 g bacallau
  • 75 g salsa tomate
  • 50 g espinacas
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g cebola
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • pementa branca
  • caiena
  • perexil

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal o tempo que indique o fabricante. Escorrer e refrescar. Refogar no aceite a cebola e o pemento vermello cortados finos, coa caiena. Engadir o bacallau esmigallado e a continuación engadir a salsa de tomate. Cocer as espinacas á parte, escorrer e engadir ó bacallau. Mesturar coa pasta e poñer a punto de sal e pementa. Cubrir con perexil.

Vantaxes:
Neste prato hai que ter en conta o aporte calórico da pasta e o poder antioxidante debido a substancias presentes no tomate, pemento e cebola.
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais.
O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pón a remollo, esta cantidade diminúe considerablemente, polo tanto, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.