As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Pasta á caseira

Pasta á caseira

Información nutricional:

Kcal: 360,1
Proteínas: 9%
Hidratos de carbono: 27,7%
Lípidos: 63,3%

Ingredientes

  • 70 g pasta tiburón
  • 15 g cebola
  • 20 g pemento vermello
  • 1 dente (5g) allo
  • 50 g salsa tomate
  • 10 g queixo relado
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • ourego
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer a pasta en abundante auga fervendo con sal durante o tempo que nos indique o fabricante. Escorrer e refrescar. Separadamente, nunha pota elaborar a salsa refogando en aceite o allo, a cebola e o pemento vermello cortados en dados. Engadir a salsa de tomate e deixar ferver uns minutos. Condimentar con ourego e salpementar ao gusto. Mesturar coa pasta e quentar todo xunto.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
Este prato tamén presenta un gran contido en tomate. O principal beneficio deste comestible radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes do envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio, fibra, e vitaminas do grupo B e vitamina C.