As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Paspallás en salsa ao viño branco

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 155 g Paspallás
  • 0.5 g Limón
  • 10 g Manteiga
  • 50 g Nata
  • 100 g Pataca
  • 120 g Uva branca
  • 5 g Viño branco

Instruccións

Preparar unha salsa tras cocer, por unha parte, en viño albariño unhas uvas ás que previamente se lle quitaron as pebidas e, por outra, ferver a nata líquida ata que reduza. Finalmente, mesturar ambas as dúas partes e eliminar as pebidas das uvas. Asar as perdices no forno untadas con manteiga de porco para que se douren ben. Dispoñer nunha cazola as perdices asadas e a salsa de viño. Ferver, un instante, para que collan o sabor.

O paspallás presenta un baixo contido en graxas, calorías e colesterol. Son apreciadas pola súa carne fina e tenra. Ten un gran contido proteico recomendado para épocas de crecemento. En canto ás vitaminas, destaca o contido en vitamina B3 que axuda a reducir o nivel de colesterol e, ademais, é recomendable para combater enfermidades como a diabete ou a artrite. Tamén é abundante a vitamina B6 que fai que sexa moi recomendable en casos de diabete, depresión e asma.